Obradoiro: Everything you need to know about Kafka Streams

O colectivo técnico Coruña JUG organiza este obradoiro sobre Kafka Streams previo ao que desenvolverá na CommitConf (Madrid, 22-23 de Novembro). Trátase dun taller orientado á práctica para o que non fai falla ter experiencia con Kafka ou Kafka Streams, pero para o que si se recomenda unha mínima base de Java.

As persoas que se inscriban deben ter en conta que precisarán un portátil con polo menos 8 Gb de RAM, unha regleta para enchufalo, un IDE  e Java 8 (OpenJDK).

Tedes máis información sobre esta actividade no seu Meetup, ao que podedes acceder desde aquí e no que vos podedes inscribir.

Detalles

Data

O día 14/11/2019 17:00-19:00

Contacto

http://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-jug/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar