Se xa dispós dunha páxina web mais non sabes como sacarlle todo o partido posible, EscolaWP.PRO ofrece, coa colaboración do Concello da Coruña, un seminario que xirará entorno á rendabilidade nunha páxina web.
Anxo Sánchez, deseñador web con WordPress, falaranos de estratexias a seguir para obter máis visitas nunha web, de se é preferible empregar SEO ou SEM e dos conceptos copywriting, email marketing, lead magnet e landing page.
A entrada é libre. Se tes interese en asistir a esta actividade, inscríbete premendo aquí.