Distopías Cotiás: conversa aberta sobre a Carta de Dereitos Dixitais

Nova sesión de Distopías Cotiás, o ciclo de encontros mensuais que, da man da Rede Municipal de Bibliotecas, impulsamos para reflexionar sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas.

Nesta ocasión propoñemos unha conversa aberta sobre a “Carta de Derechos Digitales”, elaborada por un conxunto de expert*s por iniciativa da "Subdirección General para la Sociedad Digital" do Goberno de España, actualmente en fase de consulta pública.

Mudamos un pouco o formato, cunha conversa coa xente de Trackula: Sofía Prosper, Santiago Saavedra e Pablo Castro quen, xunto a outras voces, están a preparar unha resposta á consulta pública da Carta. Falaremos da súa forma e contido e abordaranse suxestións e críticas construtivas á mesma.

Poderedes seguir a conversa en directo e participar a través da nosa canle de YouTube. No Meetup, ao que podedes acceder dende aquí, tedes información ampliada e o enlace á sesión. Agardámosvos! 😉

Detalles

Data

O día 10/12/2020 19:00-21:00

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar