Distopías Cotiás | Cara unha cidadanía dixital máis consciente, crítica e activa

O ciclo mensual Distopías Cotiás retoma a súa actividade este outono cunha proposta en liña dirixida, como é habitual, á reflexión sobre o impacto que a tecnoloxía está a ter nas nosas vidas.

Nesta ocasión debaterase sobre as posibles accións, individuais e colectivas, que nos permitan camiñar cara unha cidadanía dixital máis consciente, crítica e activa. Para iso Distopías Cotiás contará co profesor de Comunicación Política e Opinión Pública Víctor Sampedro, para falar arredor das iniciativas de alfabetización tecnolóxica que desenvolve despois de publicar "Dietética digital para adelgazar al Gran Hermano". O libro, editado en 2018, liberouse e actualizouse, con varios recursos que poden atoparse na súa web.

De todo isto tes información ampliada no Meetup da actividade, ao que podes acceder desde aquí.

Aínda que se celebrará en liña, o formato seguirá a ser o dunha charla breve introdutoria (30' aprox.) e un posterior espazo de conversa. Coa colaboración de Bibliotecas Municipais da Coruña e Coruña Dixital, pretende conectar persoas de calquera ámbito, non só tecnolóxico, interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas sobre esta temática.

Se queres atopar máis información, recibir actualizacións ou inscribirte nesta nova cita, podes facelo a través do Meetup.

Esta sesión poderá seguirse en directo a través de YouTube.

Detalles

Data

O día 27/10/2020 19:00-20:30

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar