Curso práctico sobre redes sociais e publicidade
A asociación Adicae desenvolve no centro Ágora, coa colaboración de Coruña Dixital, un cursos práctico de dúas xornadas centradas en distintos aspectos das redes sociais e a publicidade na Rede a través de catro obradoiros:
- Introdución ás redes sociais e ás ferramentas dixitais de información
- Riscos e precaucións na información e na interacción nas redes
- Protección fronte á publicidade dixital
- Bo uso de aplicacións
As persoas que participen nas dúas xornadas recibirán un certificado de aproveitamento.
Podedes solicitar máis información e inscribirvos de maneira gratuíta en galicia@adicae.net.
Detalles
Data
Dende o 05/11/2019 ata o 06/11/2019 11:00-13:00