Crea o teu propio videoxogo con Scratch

O colectivo Argalleiros , colaborador en varias iniciativas desenvoltas pola comunidade técnica da cidade, leva a cabo este obradoiro online no que aprender a crear un videoxogo con Scratch.

Trátase dunha proposta pensada para a rapazada de entre 7 e 14 anos que só precisará dun ordenador e unha conta de Scratch.

Tedes máis información, así como as indicacións para a inscrición, no Meetup da iniciativa, á que podedes acceder desde aquí.

O obxectivo é que, tralo taller, as participantes poidan seguir programando na casa pola súa conta para mellorar o seu videoxogo.

Detalles

Data

O día 25/04/2020 16:00-18:00

Información adicional

O enlace para participar no obradoiro será visible para as persoas que se inscriban

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar