CoruñaJS: Is your web application secure enough?

Xa está aquí a segunda edición de Coruña JS, na que contarán con Murillo Ferreira para falar dos tipos de ataques máis frecuentes contra aplicacións web (XSS, CSRF, ReDos...), así como medidas de protección que ofrecen os frameworks fronted máis coñecidos e de como empregar librerías para protexer os servidores en Node.js.

Finalmente, exemplificarase en detalle un ataque XSS, como o que afectou fai pouco á páxina de Epic Games.

Se vos queredes inscribir ou ter máis información, premede neste enlace ao Meetup do evento.

Detalles

Data

O día 11/12/2019 19:00-21:00

Contacto

https://www.meetup.com/es-ES/CorunaJS/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Hack a BOSS

Avda. Linares Rivas, 50 - baixo
15005 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar