CeMIT Eirís: Libre Office Writer II
A Aula CeMIT inclúe na súa programación de marzo a continuación do curso de Libre Office Writer, para un nivel avanzado.
A través destas aulas profundizarase no manexo deste procesador de textos aprendendo a configurar páxinas, cabeceiras e rodapés, a crear seccións determinadas nun documento, a facer táboas, tabulacións, etc. Para participar neste curso é necesario ter realizado o curso de Libre Office Writer I (básico).
O curso terá lugar os luns e mércores do 09 ao 23 de marzo. Podes realizar a inscrición facendo click aquí.
O prazo de inscrición remata o 5 de marzo. Aquí tes a programación completa e os criterios de participación.
Detalles
Data
Dende o 09/03/2020 ata o 23/03/2020 16:30-18:30
Contacto
https://cemit.xunta.gal/gl/centro/101
Información adicional
Inscrición do 26 de febreiro (9:00) ao 5 de marzo (12:00).
Categorías
Lugar
Aula CeMIT de Eirís
Rúa Terranova de Eirís, 7
15009 A Coruña A Coruña