CeMIT Eirís: CALC I (básico)

Aula CeMIT ofrece na súa programación de marzo un curso de Libre Office Calc, para un nivel básico.

A través destas aulas farase unha introdución a este medio de traballo, vendo como introducir e modificar datos, os formatos de celas, filas e columnas, os diferentes filtros, o traballo con fórmulas e a creación de gráficos. Para poder realizar este curso é necesario saber utilizar con axilidade un ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de cartafoles, etc.).

O curso terá lugar os martes e xoves do 03 ao 26 de marzo. Podes realizar a inscrición facendo click neste enlace

O prazo de inscrición remata o 02 de marzo. Aquí tes a programación completa e os criterios de participación.

Detalles

Data

Dende o 03/03/2020 ata o 26/03/2020 11:30-13:00

Contacto

https://cemit.xunta.gal/gl/centro/101

Información adicional

Inscrición do 26 de febreiro (9:00) ao 2 de marzo (12:00).

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Aula CeMIT de Eirís

Rúa Terranova de Eirís, 7
15009 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar