Big Data e economía: promesas, perigos, decepcións e fake news
Esta tarde terá lugar o primeiro Foro IESIDE de Sociedade e Economía na cal José García Montalvo, catedrático de Economía Aplicada e doutor pola Universidade de Harvard, falará dos principais retos aos que se enfrontan as empresas e os emprededores no plano do coñecemento dixital.
Na conferencia avaliarase o papel que a Intelixencia Artificial pode chegar a ter nesta sociedade conectada e polarizada polo emprego das redes sociais, centrándose tamén na relevancia dos sistemas intelixentes e da información a gran escala como “instrumentos ao servizo da creatividade humana”.
Se tes interese nesta actividade, a entrada é libre e de balde até completar capacidade. Podes inscribirte a través deste enlace.
Detalles
Data
O día 04/02/2020 19:30-21:00
Contacto
Categorías
Lugar
Sede de Afundación
Rúa Cantón Grande, 8
15003 A Coruña A Coruña