Bibliotech: charla divulgativa sobre drons

Nesta ocasión, as charlas de divulgación tecnolóxica da biblioteca Durán Loriga achéganse ao mundo dos drons, moi vinculado á cidade xa que na Coruña existen empresas pioneiras no seu uso.

Os encargados de impartir esta sesión divulgativa serán os profesionais de Aeromedia, un proxecto empresarial innovador, líder na filmación con drons en España, con máis de 20 anos de experiencia no aeromodelismo e a enxeñería.

Con eles coñeceremos distintos tipos de aparatos e veremos cales son as súas aplicacións e utilidade, así como a normativa existente e que formación é precisa para poder pilotalos. A entrada libre ata completar capacidade.

Tedes máis información na web das bibliotecas municipais, á que podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 21/06/2019 19:00-20:30

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Durán Loriga)

Rúa Durán Loriga, 10
15003 A Coruña

981 18 43 88 http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/detalle/biblioteca-municipal-infantil-e-xuvenil-duran-loriga/entidad/1099934337674 binfantil@coruna.es

Empece a escribir e pulse Enter para buscar