Adicae: Consumidores e transformación tecnolóxica dos servizos financeiros

A asociación Adicae organiza unha serie de obradoiros no marco do fintech, é dicir, as novas tecnoloxías aplicadas ás finanzas, en diferentes espazos da cidade.
Os talleres teñen como obxectivo informar das ferramentas e plataformas que están ao dispor de tod@s @s usuari@s no ámbito das operacións bancarias.
Este, concretamente, desenvolverase na asociación Ategal. Trátase dunha xornada gratuíta, pero recoméndase, por cuestións de organización, formalizar a inscrición en galicia@adicae.net.
Detalles
Data
O día 28/10/2019 18:00-20:00
Contacto
Categorías
Lugar
Asociación Ategal
Rúa Fonseca, 8,
15004 A Coruña A Coruña