2ª Meetup de Marketing e Audiovisual
O Grupo de Marketing e Audiovisual da Coruña retoma a súa actividade, cun novo MeetUp, que será online. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través dun formulario (ao que podes acceder desde aquí) tralo que recibirán un enlace por email.
O día no que se celebrará o Meetup (29 de abril) este será será o proceso a seguir:
- 18:50: as persoas inscritas poderán entrar no enlace que recibirán por correo electrónico
- 19:00: charlas
- 20:00: quenda de preguntas
Este formato online permite a participación de poñentes que habitualmente o teñen máis complicado para participar nun encontro presencial. É o caso do realizador audivisual Gonzalo Cotelo, que vive actualmente en Salzburgo, que compartirá encontro coa deseñadora de estratexias de marketing María Gómez.
Tes toda a información ampliada no Meetup da actividade, ao que podes acceder desde aquí.
Detalles
Data
O día 29/04/2020 19:00
Contacto
Categorías
Lugar
[ Online ]