Encontro: novos modelos profesionais para o audiovisual

Coa penetración, cada vez maior, do vídeo en internet, xorden novas oportunidades profesionais para o sector audiovisual. Máis alá das canles tradicionais e dos intermediarios clásicos, aparecen novas plataformas e novos clientes: as marcas queren producir vídeo para comunicar e vender os seus produtos, xorden novos formatos pensados para a rede, e tamén novos perfís profesionais necesarios para sacarlle o máximo partido aos vídeos a través das novas canles. Todo un novo escenario que cómpre coñecer, tanto para os novos talentos que se incorporan agora ao mercado profesional, como para os máis experimentados que buscan actualizar o seu campo de traballo.

Este encontro pretende coñecer de perto estas novas posibilidades, a partir de casos prácticos, xuntando o punto de vista dos profesionais e o dos clientes para analizar o novo escenario. E tamén quere servir como ferramenta de contacto entre as empresas e o talento emerxente. Sen esquecer unha parte importante: cales son as condicións materiais deste novo escenario profesional? Na procura de modelos de traballo sustentables que eviten a precariedade facilitaremos a proposta de boas prácticas para clientes, empresas e traballadores, cunha ollada especial ás condicións do traballo autónomo neste sector.

PROGRAMA

Sesión da mañá. Paraninfo da Universidade (Rúa da Maestranza, 9).

9:30h. Recepción de asistentes.

9:50h. Benvida do LAIC e do presidente da Academia Galega do Audiovisual.

10h. Panel: A quen venderlle o meu traballo? Novas profesións, novos clientes, novos mercados.

Con profesionais da produción, a animación e a realización audiovisual:

12h. Máis alá do spot. O vídeo na publicidade dixital. Formatos e soportes.

Con axencias de publicidade tradicional e dixital e representantes de marcas que son clientes deste tipo de produtos: 

  • Fátima Carmena - Directora de proxectos de Nasas, axencia creativa de marketing online.
  • Gabriel Barrós - Director de comunicación do RC Deportivo da Coruña.
  • David Fernández - Brand manager de Cabreiroá.

 

Entrada gratuíta → Aberta a inscrición xeral para a sesión da mañá en Ticketea.

 

Sesión da tarde. De 16 a 20h no Centro Cívico da Cidade Vella.

16h. Speed dating entre empresas e creadoras/es audiovisuais.

Queres participar nesta sesión? Solicita a túa preinscrición (ver datos abaixo). Máximo 10 prazas para empresas e 10 para creadoras/es. 

18h. As condicións de traballo na creatividade dixital

Dinámica de grupo sobre as condicións de traballo no sector creativo e a precariedade.

1a parte: exposición. Obxectivo: compartir as condicións nas que traballan os diferentes profesionais involucrados na creatividade audiovisual en internet.

2a parte: proposición. Código de boas prácticas profesionais: para clientes, para empresas para traballadores, para freelance.

Queres participar nesta sesión? Solicita a túa preinscrición en laic@corunadixital.gal. Máximo 20 prazas.

 

Para participar no speed-dating:

Envíanos un email a laic@corunadixital.gal cos seguintes datos:

Se es creadora ou creador: PRAZAS ESGOTADAS. Podes enviar os datos igualmente e pasar á lista de espera.

- Nome e apelidos.
- Presentación en 280 caracteres, resumindo o que fas ou a túa especialidade.
- Enlace ou documento para ver o teu cv e portfolio.
- Que tipo de cliente ou de traballo buscas neste speed-dating.

Se traballas nunha produtora ou empresa que busca talento:

- Nome da empresa
- Nome da persoa representante.
- Presentación en 280 caracteres, resumindo o que facedes ou a vosa especialidade.
- Enlace ou documento para ver o voso cv e portfolio.
- Que tipo de talento ou de servizos buscades neste speed-dating.

Detalles

Data

O día 09/11/2017

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Paraninfo da Universidade

Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña A Coruña

http://www.udc.gal/

Empece a escribir e pulse Enter para buscar