2º Encontro aberto coas comunidades #LAIC

Neste segundo Encontro Aberto coas comunidades en torno á cultura audiovisual dixital da Coruña imos presentar oficialmente a programación para este outono do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación, que impulsa a Concellaría de Culturas dentro do programa Coruña Dixital.

A cita será no viveiro de empresas Accede Papagaio, que no mes de xuño xa acollera o 1º Encontro Aberto, que serviu para presentar o LAIC e tomar contacto coas persoas e colectivos que se dedican na Coruña á creación audiovisual relacionada cos novos medios.

Ao Encontro asistirá o Concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, que, canda o equipo de Coruña Dixital, presentará a programación e dialogará cos asistentes sobre as liñas de traballo do laboratorio e as distintas iniciativas que se están a levar a cabo na cidade relacionadas coa cultura audiovisual e dixital.

Desde o mesmo 13 de setembro quedarán abertas as convocatorias de preinscrición nas distintas actividades que impulsa o LAIC, todas elas de carácter gratuíto.

 

Detalles

Data

O día 13/09/2017 19h

Contacto

ola@corunadixital.gal

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Accede Papagaio

Rúa do Hospital, 19, baixo.
15001 A Coruña A Coruña

http://www.coruna.gal/papagaio

Empece a escribir e pulse Enter para buscar