Que é Coruña Dixital?

Inspírate e experimenta coa cultura dixital da cidade

coruna_dixital_light

Coruña Dixital é un programa promovido pola Concellería de Educación e Cultura do Concello da Coruña, co fin de expandir na cidade as novas prácticas culturais e creativas xurdidas desde as redes dixitais.

Buscamos facilitar a conexión das persoas interesadas na cultura dixital, no uso creativo da tecnoloxía e no emprendemento sustentábel de proxectos innovadores e con capacidade transformadora, ben sexan iniciativas creativas, culturais, sociais ou profesionais.

Baixo estas premisas, o sitio web corunadixital.gal nace para informar das actividades do programa e para dar visibilidade aos colectivos, espazos, e eventos da cidade onde inspirarse, aprender e experimentar xuntas coa cultura dixital.

Empece a escribir e pulse Enter para buscar