Encontro Mundial de Humorismo: décimo aniversario de El Mundo Today

Do 13 ao 19 de maio A Coruña acolle o Encontro Mundial de Humorismo, un evento que conta co apoio do Concello, entre outras entidades, e que desenvolverá en diferentes espazos da cidade varias propostas relacionadas co ámbito do humor.

No Encontro Mundial de Humorismo haberá radio, televisión, espectáculos, e tamén unha cita vinculada  á cultura dixital,  coa celebración do décimo aniversario de El Mundo Today.

El Mundo Today recibiu dous anos consecutivos o Premio Bitácoras ao mellor blog, así como o premio INTRAS e o Blasillo de Huesca 2016 ao enxeño en Internet e é unha referencia do xénero satírico, con colaboracións en prensa escrita, televisión e radio.

Na celebración estarán os responsables da web, Kike García e Xavi Puig, xunto co humorista Luís Piedrahita.

 

Detalles

Data

O día 18/05/2019 16:30

Contacto

https://emhu.es

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Teatro Colón

Avenida da Marina, 7A
15001 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar