Encontro con Lance Weiler: Frankenstein e a intelixencia artificial

O norteamericano Lance Weiler, unha das figuras da narrativa transmedia máis recoñecidas internacionalmente, mostraranos o seu último proxecto, Frankenstein AI, cunha experiencia en directo de narrativa inmersiva.

Non perdas esta ocasión de coñecer a Lance Weiler e de participar nun experimento de relato colectivo que se expande por todo o mundo, revisitando un dos clásicos da literatura universal.

A actividade realizarase en inglés. Máximo 50 prazas. Clica aquí para inscribirte.

Frankenstein AI: un monstro feito por moita xente

Frankenstein AI é un experimento de narración colectiva que explora os temas eternos da obra de Mary Shelley nun intento por mostrarlle un espello á humanidade, integrando e explorando as emocións, recordos, medios e esperanzas das persoas participantes.

A intelixencia artificial (AI) está a afectar radicalmente a maneira en que vivimos, traballamos e aprendemos. Frankenstein AI manexa a ficción especulativa como unha ferramenta para a comprensión dentro dun panorama dixital sempre cambiante, engadíndolle un toque humano á tecnoloxía emerxente.

Frankenstein AI é un proxecto da Columbia University School of Arts comisariado por Lance Weiler, que se está a levar a cabo durante 2017 cunha serie de eventos, laboratorios e instalacións por todo o mundo, ademais dun MOOC (curso masivo en liña) e unha serie de ferramentas de código aberto.

Lance Weiler é un dos maiores expertos do mundo en narrativas dixitais e transmedia. Defínese como storyteller & culture hacker e leva máis de 20 anos traballando na industria do entretemento, sempre reinventando as formas de traballar, de distribuír e de contar historias a partir dos soportes dixitais e da colaboración dos usuarios. O seu nome está presente nos máis importantes centros de innovación narrativa do mundo, como o National Film Board de Canadá, Submarine Channel, Sundance Institue, Tribeca Films Institute, MIT, Power to the Pixel, SWSW e outros moitos festivais e eventos relacionados coa disrupción tecnolóxica no audiovisual.  Nos seus proxectos ten colaborado con cineastas como Gore Verbinski, Kathryn Bigelow ou David Cronenberg.

Podedes ver máis do seu extenso e currículo na súa web, ou coñecer un pouco mellor o seu discurso nesta breve conferencia.

Detalles

Data

O día 30/11/2017 17h a 19h

Información adicional

A actividade realizarase en inglés.

Lugar

Aula Náutica da UDC

Dique Barrié de la Maza, s/n
15001 A Coruña A Coruña

881 01 19 04 http://www.udc.gal/sobreUDC/localizacion/corunha/maestranza/aula_nautica/index.html