A Coruña Rebelde: Hackatón

Co material publicado no repositorio que fixemos no Arquivatón "A Coruña rebelde" imos facer un taller de realidade aumentada co obxectivo de crear un prototipo de aplicación para móbiles e tablets coa que se poida acceder aos materiais de forma xeolocalizada, relacionando cada arquivo co espazos reais a través da cámara do móbil. De forma complementaria, faremos unha versión en formato webdoc cun mapa interactivo que comparta os mesmos materiais e contidos, mais cun deseño de interface diferente.

Estrutura

Sesión introdutoria á realidade aumentada. En que consiste, exemplos e casos aplicados á recuperación da memoria das cidades.

Sesión práctica: como facer unha aplicación de realidade aumentada. Ferramentas e metodoloxía para facer un prototipo.

Mans á obra. Mapear os arquivos, escribir guión, deseño gráfico e de interface, edición de contidos e programación da aplicación.

Mentores

Toño Cabanelas, de Bermudas.land. Enxeñeiro audiovisual con experiencia na creación de audiovisual para realidade virtual, realidade aumentada e realidade mixta, e Berto Yáñez, desenvolvedor web especializado en interactividade.

Perfil dos participantes

Persoas que se dediquen ao deseño, creación de contido dixital, ilustración, fotografía, realización, documentalismo, programación...

Actividade gratuíta. 20 prazas dispoñibles. O criterio de selección será a orde de inscrición e tamén a diversidade de perfís para facer equipos multidisciplinares.

Formulario de inscrición.

Detalles

Data

Dende o 03/11/2017 ata o 04/11/2017 O venres de 16:00 a 20:00. O sábado de 10:00 a 14:00

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

981 189 888 http://www.coruna.es/agora agora@coruna.es