A cidade acollerá entre o 9 e o 11 de outubro o congreso TechLING, un evento internacional que aborda a relación entre a tecnoloxía -e as súas diferentes aplicacións- e as linguas no ámbito do ensino.

O congreso xirará en torno a catro grandes eixos, como son o ensino e tecnoloxía das linguas, gamificación, transmedia e contidos audiovisisuais para o ensino, lingüística computacional e lingüística de corpus, da man de vari*s relator*s.

Nas xornadas, para as que está aberta a inscrición ata o vindeiro 4 de outubro, celebraranse os obradoiros Mapear procesos participativos con Emapic, a cargo do profesor da Universidade da Coruña Alberto Varela, e Transmedia, lingua e storytelling: falamos?, da man da xornalista especializada Andrea Lozano, así como un terceiro taller co consultor tecnolóxico Antonino Comesaña.

O congreso está orientado ao ámbito académico e da investigación. As persoas interesadas poden consultar na web do evento os requisitos para o envío de traballos, así como xestionar a súa inscrición.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar