A empresa coruñesa AEDIGA organiza o vindeiro venres 29 de xullo de 16:00 a 21:00 este taller no cal, sen coñecementos previos por parte do alumno, veranse as técnicas esenciais para o manexo de Modul8 e MadMapper utilizando recursos de imaxe e vídeo. Idóneo para quen queira introducirse no ámbito profesional de realización de eventos de vídeo mapping: fachadas, micro mapping, iluminación espectacular, decorados virtuais de escenario, etc.

CONTIDOS:
1. Introdución ás técnicas de vídeo mapping e exemplos de aplicación.
2. Interfaz e manexo de MadMapper e Modul8.
3. Mapping de superficies e volumes reais con MadMapper.
4. Superposición de recursos de imaxe sobre xeometría 2D e 3D.
5. Exercicios prácticos.

LUGAR: Praza de Pontevedra 14-15-16, baixo 2 (Aula AEDIGA) – 15003 A Coruña

PROFESOR: Pablo Ferrer, profesor da Escola de Imaxe e Son de Vigo no módulo de Animación visual.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA: https://www.facebook.com/events/655112378003779 | info@aediga.es | 981 909 441

Entradas recentes