Dende Árticos, Asociación Arteixo TIC, organizan unha charla onde van a contar a súa experiencia conseguindo, montando e usando unha impresora 3D a partir dun kit dos moitos dispoñibles. Está enfocada para non iniciados e o kit que teñen é o de montaxe dunha impresora tipo Delta.

Se estades pensando en facer o mesmo, ou ben sentides curiosidade, falarán de como escolleron o kit e dos distintos tipos que podemos atopar. Repasaranse temas da montaxe, tipos de filamentos, falarán sobre a calibración e tamén dos recursos e programas interesantes.

Toda a información e inscricións en http://www.eventbrite.es/e/entradas-impresion-3d-conece-mais-dos-kits-calibracion-e-recursos-25939444577

Entradas recomendadas

Empece a escribir e pulse Enter para buscar