Con motivo do 10º encontro Coruña Bloggers, que se celebrou o pasado 27 de maio, presentouse o primeiro estudo sobre o perfil dos blogs que se publican na cidade. A partir dun censo de máis de 300 blogs rexistrados na web desta comunidade, perto da metade dos seus creadores responderon á enquisa, a primeira destas características que se fai en España.

O resultado ofrece datos fiables e interesantes sobre a comunidade de bloggers coruñeses, composta nun 48% por mulleres, nun 45% por homes e nun 8% por equipos mixtos. Entre os máis salientables está o crecemento, pois un 60% dos blogs enquisados son relativamente novos (teñen entre 1 e 5 anos de antigüidade), mentres que os blogs de máis de 10 anos, os que se poden considerar da primeira xeración, supoñen só o 10% dos que responderon a enquisa. En concreto, o 35,5% ten menos de 3 años, o que para Coruña Bloggers «ilustra cómo se está a extender o fenómeno blogger, lonxe das afirmacións que din que ter un blog é una tendencia en decadencia».

Antigüidade dos blogs. I Radiografía do blogger coruñés – Fonte: Coruña Bloggers

No que respecta ás ferramentas e plataformas utilizadas, unha ampla maioría utiliza WordPress, e tamén conta con dominio propio (66%) e sección de “quen son”, ademais de fomentar a suscrición dos lectores por email e de usar botóns sociais para favorecer que o contido se espalle nas redes. Neste sentido nótase que cada vez os blogueiros son máis conscientes das posibilidades da ferramenta que usan e teñen un maior control e dominio técnico, isto é, toman moi en serio a súa actividade. Adoitan publicar varias veces ao mes, mesmo semanalmente, aínda que tamén de maneira irregular. Moi poucos escriben varios posts á semana. Dedican de media entre 1 e 4 horas a cada post, que adoita ter entre 500 e 1000 palabras ou menos de 500 palabras. E gústalles incluír imaxes nos post, así como algún vídeo.

Tamén destacan os temas, moi diversos. Máis alá de determinados nichos establecidos como poden ser a beleza, a moda, a cociña, o marketing, os viaxes, ou o propio blogging e social media, o 12% dos blogs son de temática persoal, e un 61% afirman que os seus blogs tocan «outros temas». Algo que Coruña Bloggers considera «unha magnífica noticia pois fala da variedade de proxectos en marcha cos seus blogs e do vivo que está o blogging».

Na web de Coruña Bloggers pódese ver con máis detalle outros datos tirados de este estudo, e tamén no slideshow que compartimos a continuación. Desde Coruña Dixital dámoslle o parabéns a esta iniciativa e a toda a dinámica comunidade blogueira da cidade. A seguir!

Entradas recomendadas