Grazas aos amigos do Tek-Fest, Diego Parajó e Toño Cabanelas, esta mañá estivemos no Mercado da Praza de Lugo “trasteando” coa experiencia audiovisual inmersiva en 360º e conversando sobre as súas espectaculares posibilidades.

Foi especialmente interesante ver como é posible aplicar xa esta tecnoloxía para a estratexia de comunicación de pequenas iniciativas sociais e culturais, así como en pemes turísticas ou no comercio de proximidade… como unha praza de abastos.

 

Así de ben contan en Código Cero a experiencia sobre contidos en 360º que organizamos onte en #CoruñaDixital, grazas á colaboración dos amigos de Tek-Fest:
E tamén en Código Cero compartiron un extenso álbum fotográfico da iniciativa:
Noelia Díaz, xornalista de El Ideal Gallego, acompañounos tamén para escribir un interesante artigo sobre experiencias audiovisuais inmersivas en 360º:

Se vives ou traballas na contorna da cidade da Coruña e tes interese ou está vinculada/o coa innovación audiovisual, non dubides en escribirnos a ola@corunadixital.gal. Queremos conectar comunidade 😉

Entradas recomendadas