EIRO é un Kit de Robótica co que poderás construír o teu propio robot humanoide de código aberto baseado na plataforma Arduino e cuxas pezas están fabricadas mediante impresión 3D. Mantén aberta unha campaña de financiamento colectivo na plataforma goteo.org, na que ven de superar con éxito a primeira rolda.

O robot EIRO, unha iniciativa da empresa galega Neukos, posúe mobilidade nas pernas, os brazos e a cabeza, sendo capaz de camiñar, bailar, sortear obstáculos, xogar, emitir sons e ser controlado cun teléfono intelixente conectándose por bluetooth.

Ante todo EIRO é un kit educativo, e como tal, este centra o seu esforzo non só en instruír na montaxe e funcionamento do mesmo, se non en ensinar, entre outras cousas, a historia da robótica, que é un robot, conceptos necesarios para entender como funciona, tipos de robots, iniciación á programación, exercicios didácticos para acometer competencias educativas básicas dos cursos de infantil e primaria,… todo iso grazas a que incorpora unha completa guía ilustrada e unha sorprendente aplicación para Smartphone.

Ademais non hai que esquecerse de que EIRO permite salvar as limitacións impostas polos fabricantes de robots convencionais, dado que a súa esencia Open source posibilita modificalo con total liberdade. Dando a posibilidade ao usuario de que modifique tanto o seu deseño estrutural, a súa arquitectura hardware, como o seu código interno e o da súa aplicación de control para teléfonos intelixentes.

Entradas recomendadas