O #LAIC de Coruña Dixital explora nesta tempada as posibilidades de narrativas dixitais, inmersivas e transmedia, cunha especial atención nas súas propostas de febreiro á súa aplicación en iniciativas con utilidade social que permitan loitar contra os discursos discriminatorios, as noticias falsas ou directamente as mensaxes de odio na Rede.

Unha destas actividades foi o #Migratón desenvolto pola Fundación porCausa, que amosou ás participantes ferramentas, enfoques e metodoloxía coas que darlle a volta ao relato negativo asociado ás persoas migrantes, traballando desde a creatividade e, sobre todo, xerando novos marcos narrativos. Aquí tedes a parte teórica da sesión!

 

 

Esta actividade xurde do traballo previo de investigación desenvolto pola fundación e baséase no seu informe Siete puntos clave para crear nuevas narrativas sobre los movimientos de personas en el mundo, ao que podedes acceder desde aquí.

 

 

O #Migratón sumouse ao Laboratorio de Ciberactivismo e Innovación Narrativa contra o discurso de odio na Rede, que a oenegué coruñesa Ecos do Sur desenvolveu, a través das profesionais do seu programa Ciberespect, todos os martes de febreiro no centro Ágora.

Podedes descargar a súa Guía práctica de intervención online para activistas, que inspirou estas xornadas formativas sobre as causas, dinámicas e posibles respostas fronte o ciberodio.

 

 

Grazas a todas estas xornadas, e ás profesionais que viñeron a compartir os seus coñecementos no #LAIC, pechamos este mes adquirindo estratexias e ferramentas que nos axudarán a crear unha paisaxe de maior respecto en Internet 😉

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar