[Aprazado pola crise Covid-19]

Coruña Hacks, a iniciativa organizada polas comunidades técnicas GPUL, Coruña Developers e Árticos, celebra unha nova edición, como vén sendo habitual estruturada en tres hackathóns -o terceiro sábado de marzo, abril e maio- nos que desenvolver en equipo proxectos baseados na tecnoloxía libre e “competir”, dun xeito lúdico e construtivo.

Esta iniciativa, que conta co apoio do Concello da Coruña a través de Coruña Dixital, é unha proposta aberta, en xeral, a todas as persoas con ganas de experimentar coa tecnoloxía. Os perfís máis habituais son aqueles que teñen que ver co desenvolvemento de proxectos de software, como programadora informática ou profesionais da área de sistemas e da programación.  O programa tamén é interesante para persoas relacionadas co hardware libre e o mundo maker e pode ser unha boa experiencia tamén para deseñador*s gráfic*s e persoas que se adiquen á experiencia de usuario ou maquetación con interese no software libre.

No primeiro hackatón, que se celebrará o sábado 14 de marzo, poranse en común as ideas para escoller as propostas nas que se traballará e crearanse os equipos que farán evolucionar estes prototipos.

Coruña Hacks conta cunha web onde ampliar información, participar nas canles de comunicación, propoñer ideas ou directamente inscribirse: corunahacks.gpul.org 😉

 

Segunda edición de Coruña miniHacks

Tralo éxito, o ano pasado, da súa primeira edición, este 2020 celebrarase unha nova convocatoria de Coruña MiniHacks: tres eventos, para a rapazada de entre 8 e 16 anos, nos que, tras unha treboada de ideas, formarán equipos para aprender a desenvolver un proxecto real.  Neste proceso aprenderán a programar con Scratch e, como novidade con respecto á anterior edición, este ano incluirase unha pequena introdución á electrónica, para poder facer proxectos e xogos cun compoñente físico.

A inscrición, con prazas limitadas, realízase neste caso en minihacks2020.eventbrite.es

 

¿Quedaches con curiosidade? Aquí podes ver como foi a edición pasada, tanto de Coruña Hacks como de Coruña miniHacks. E lembra, para inscribirte nesta edición podes facelo en corunahacks.gpul.org ou en minihacks2020.eventbrite.es.

 

 

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar