72 horas para crear un videoxogo: ese é o reto que a asociación estudiantil de desenvolvemento de videoxogos MOLAB (Monkey Laboratory) convoca  na primeira fin de semana de xuño. A game jam transcurrirá dos días 8 a 11 de xuño mediante a plataforma online Itch, é dicir, de xeito non presencial, e consistirá na creación íntegra dun videoxogo.

A temática, que todos os concursantes deberán seguir, revelarase o venres 8, día de inicio do evento. O luns 11 de xuño, a partir das 18:00h, realizarase unha mostra pública dos xogos desenvolvidos durante o evento. Tamén se organizará una competición de xogos clásicos de arcade grazas á recreativa construída na facultade de Ciencias da Comunicación.

A avaliación dos xogos presentados será realizada por un xurado de forma presencial o día 11 de xuño ás 19:00h na Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña. As persoas encargadas de valorar os traballos serán profesionais galegos do sector tecnolóxico e dos videoxogos, de empresas como Polygon-e, SYBIC, Imaxin Software ou Gato Salvaje, xunto ao decano da Facultade. Ás 19:30h daranse a coñecer os gañadores nas categorías de Mellor Videoxogo, Game Design, Deseño Artístico e Deseño Sonoro.

Toda a información sobre as bases de participación pódese atopar na páxina oficial de MOLAB para o evento á que podedes acceder desde aquí.

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar