WordPress Coruña

Comunidade técnica para principiantes e profesionais que queiran aprender sobre WordPress

WordPress Coruña é un coletivo técnico que ten como obxectivo difundir coñecementos sobre este CMS de código aberto.

Faino a través das súas Meetup, un punto de encontro para profesionais e principiantes con ganas de aprender desenvolvemento, deseño, optimización web, etc,…

Nestas xuntanzas, que son abertas e gratuítas, tanto relator@s como asistentes teñen a posibilidade de compartir as súas experiencias.

Como podes participar?

Celebran regularmente citas técnicas, das que podes estar ao tanto e inscribirte a través do seu Meetup.

Podes acudir a estas xornadas tanto se empregas WordPress de maneira persoal como se traballas con el.

Tamén, se queres ser relatora de futuras edicións, ou se tes interese en que se trate un tema concreto, podes comentalo coa organización: están abert@s a todas as propostas!

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar