OSHWDem

Feira de Tecnoloxía Aberta da Coruña

OSHWDem é un evento con filosofía BarCamp sobre electrónica e Open Source Hardware. As BarCamp son eventos abertos e participativos, nos que o contido é provisto esencialmente polas persoas participantes.

Trátase dunha feira na que o público xeral tamén pode coñecer de primeira man proxectos de tecnoloxía aberta. Está organizado polo colectivo coruñés BricoLabs coa axuda da asociación Ghandalf, do museo Domus da Coruña e outras colaboracións.

Como podes participar?

O acceso a público xeral é libre, aínda que para algunhas actividades é preciso inscribirse previamente, dado o limitado do aforo.

As persoas e colectivos que queren expor a súa creación tecnolóxica e/ou queren dar unha charla ou relatorios sobre tecnoloxías libres (ou sobre os proxectos que están a levar a cabo), poden solicitar participar a través da convocatoria previa (Call4Makers) que activan na súa web.

Tamén están abertas a sumar novos colaboradores: persoas e organizacións que axudan e contribúen a que se poida celebrar o evento.

Para poder recibir información de primeira man podes subscribirte a un boletín na súa web.

Contacto

Correo electrónico: info@oshwdem.org
Páxina web: http://oshwdem.org
Twitter: twitter.com/OSHWDEM

Proxectos relacionados