Normal

Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña

A norma define unha resposta que non precisa interrogación. NORMAL quer ser, porén, permanente interrogación. NORMAL non é normal. Isto é o normal para nós. No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. De aí NORMAL. Así foi coñecida sempre na Coruña.

NORMAL é un espazo cultural activo, un espazo de intervención. Quer isto dicir que é lugar de creación e de debate, non un simple escaparate. NORMAL é un contedor para a produción/coprodución de iniciativas e de proxectos propios: nova escena contemporánea, cinema, artes visuais, multimedia, música avanzada, etc. Sempre buscando ligar a cultura á vida pública no sentido máis amplo, con atención á reflexión sobre políticas de xénero e a cooperación.

Como podes participar?

A formación é parte esencial da oferta cultural e social da Universidade, con master class e cursos abertos á cidadanía.

NORMAL ofrece unha programación diferente, interdisciplinaria, vinculada á experimentación, ás novas linguaxes contemporáneas, preferentemente urbanas e aquelas ligadas ás Media-Arts. Espazos abertos á sociedade e aos artistas, ás asociacións, á colaboración institucional, dentro de criterios de calidade. Talleres onde creadores da Universidade e de fóra dela poidan producir e despois expor o seu traballo.

O horario da sala de exposicións é de 11 da mañá a 10 da noite, de luns a venres.

Contacto

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar