Nocturnia

Programa municipal de ocio alternativo para mozas e mozos

O programa de ocio saudable “Nocturnia” que ofrece a Concellaría de Participación e Innovación Democrática, busca fomentar propostas de lecer participativo, socioeducativo, de carácter lúdico e aberto nas que poder aproveitar o potencial educativo do ocio.

O programa preséntase durante todo o ano dividida en tres convocatorias, nas que se ofertan arredor de 4.000 prazas gratuitas para a xuventude. As actividades propostas artellan os catro eixos nos que xira o programa: ámbito deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo.

A oferta varían en cada edición, podendo atopar unha ampla oferta que inclúe fotografía dixital, creación de curtas no móbil ou talleres de creatividade.

Como podes participar?

Durante os meses previos á realización do programa, realízanse convocatorias dirixidas a colectivos, entidades e ao público en xeral a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Xuventude, para que participen na elaboración e deseño da proposta, xerando así un proxecto global de paticipación xuvenil.

Para asistir ás actividades, cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición. Cada semana poderás escoller as actividades que sexan do teu interese. Podes ir a máis dunha actividade a condición de que non coincidan en horario. Lembra que para poder asistir ás actividades debes cumprir co requisito da idade, o que implica estar na franxa de entre 12 e 30 anos (ambos os dous incluídos). Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realízase a través da web no apartado de “inscrición”.

Contacto

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar