Marketing & Audiovisual da Coruña (MAV)

Punto de encontro para profesionais do marketing dixital e do sector audiovisual

O MAV da coruña é un espazo pensado para que profesionais do marketing dixital e do audiovisual poidan ter o seu punto de encontro. Xuntanzas para conversar e aprender de ambos mundos, descubrindo novas formas de aproveitar o vídeo na comunicación.

Tanto se traballas nunha axencia como se tes unha marca persoal, ou simplemente se tes inquietude por este tema, no MAV atoparás o teu espazo.

Como podes participar?

Nos encontros regulares e gratuítos do MAV poderanse escoitar consellos de persoas expertas, debullaranse casos prácticos de como se levan a cabo estratexias de contidos e analizaranse campañas co vídeo como valor diferencial. E, por suposto, despois de cada cita haberá un terceiro tempo máis social, no que conectar co resto de profesionais asistentes.

Para estar ao tanto da convocatoria de próximas sesións podes unirte ao grupo de Meetup aquí.

Estate atent@! 😉

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar