LAIC

Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación

O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación da Coruña é un espazo de encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea, os novos medios e a transformación dixital.

O LAIC quere xuntar a diferentes axentes creativos da cidade (cineastas, produtoras, estudantes, docentes, profesionais da comunicación e do deseño, activistas, artistas, tecnólogas, especialistas en ferramentas dixitais) para compartir experiencias e boas prácticas de innovación audiovisual.

A misión é traballar coas comunidades en torno ao audiovisual e o dixital para visibilizalas, involucralas e facilitar a súa participación para acadar un obxectivo común, que é facer da Coruña un polo estratéxico de innovación, creatividade e boas prácticas, que xeren novas oportunidades e modelos de traballo sustentable nun sector en pleno cambio de paradigma marcado pola dixitalización e democratización dos medios.

No #LAIC queremos explorar as distintas maneiras de contar historias. Por iso, nesta tempada 2019-20 achegámonos ás narrativas dixitais, inmersivas e transmedia a través de varias propostas.

A primeira delas tivo lugar en decembro de 2019, con Roger Casas-Alatriste (El Cañonazo), que nos achegou en dúas sesións aos universos transmedia e ás súas posibilidades no sector audiovisual e ás claves para desenvolver un proxecto.

As demais citas, contámochas deseguido: sigue lendo! 😉

 

A través do noso boletín, ao que te podes subscribir desde aquí, terás información puntual de todas estas propostas, así como no grupo de Facebook do #LAIC e das nosas redes.

As actividades do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación desenvolveranse entre xaneiro e marzo de 2020 no centro Ágora.

Novas e actividades

Contacto

Correo electrónico: laic@corunadixital.gal
Páxina web: laic.corunadixital.gal
Twitter: twitter.com/corunadixital
Grupo de Facebook: facebook.com/groups/ComunidadeLAIC/
Comunidade virtual: slack-coruna-dixital

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar