Informáticos Anónimos

Colectivo de profesionais na industria do software na Coruña

“Cremos que mellorar sempre é posible, independentemente do rol que desenvolvas ou a experiencia que teñas. Por iso imos organizar unha serie de conversas distintas nas que non haberá relator nin tema principal definido. Serán as persoas asistentes as que decidan de que queren falar.

As boas conversas e o bo ambiente é o máis importate para nós, polo que haberá bebida e comida gratis dende o principio”.

¿Como podes participar?

Celebran regularmente citas para compartir retos, preocupacións e reflexionar sobre “cal sería a mellor empresa na que traballar” ou “como convertirnos nesa/e compañeira/o que todo o mundo quere ter”, entre outros moitos temas.

En todas as citas a bebida e a comida forman parte destes eventos, pensados tamén para socializar entre compañeir*s do sector.

Podes estar ao tanto e inscribirte nas próximas citas a través do Meetup de Coruña Agile.

Contacto

Proxectos relacionados