Fundación Barrié

Fundación galega que aposta pola innovación educativa a través das TIC

Durante os seus cincuenta anos de historia a Fundación Barrié apoiou o desenvolvemento de Galicia en todos os ámbitos: creando infraestruturas educativas e de comunicación, sendo pioneira na introdución das tecnoloxías no ensino, editando obras de referencia no eido das humanidades e da economía, outorgando bolsas para o mellor talento do noso país coa vista posta no retorno, participando activamente na loita pola conservación do patrimonio.

Dentro das iniciativas máis recentes, a Fundación Barrié e Igaciencia organizaron o Obradoiro e Concurso “A maxia da robótica” para escolares de de 5º e 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia.

Contan tamén co proxecto didáctico Codéalo, destinado a achegar ao alumnado á programación e á robótica dun xeito práctico, doado e divertido.

Como podes participar?

As convocatorias para docentes e centros educativos son publicadas na web e redes sociais da Fundación.

Proxectos relacionados