Fic UDC

Facultade de Informática da Universidade da Coruña

Situada dende 1993 no Campus de Elviña, ás portas da Coruña, na FIC impártense titulacións de grao e posgrao (mestrados e doutorados) en Enxeñaría Informática.

Catro departamentos adscritos á Facultade configuran a base do seu potencial docente e investigador: Computación, Electrónica e Sistemas, Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Como podes participar?

Regularmente celebran eventos, obradoiros e faladoiros abertos sobre tecnoloxías tan accesibles como Scratch, First Lego League ou deseño dixital.

Ademais, dende 2015 acollen en xaneiro actividades da Semana de Anita Borg, un programa que busca reivindicar o papel da muller no ámbito das TIC.

Contacto

Páxina web: www.fic.udc.es
Twitter: twitter.com/FIC_UDC
Facebook: facebook.com/FIC.UDC

Proxectos relacionados