Distopías Cotiás

Encontros para reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.

Trátase dun espazo de reflexión sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata hai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que a día de hoxe xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.

Falamos de cuestións que están a xerar fondos debates, polo seu enorme impacto na nosa sociedade como: ética tecnolóxica, soberanía dixital, capitalismo de vixiancia, rexistros biométricos, manipulación masiva

En colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña, dende Coruña Dixital apoiamos a posta en marcha desta nova iniciativa, co obxectivo de favorecer a conexión de persoas de calquera ámbito, non só tecnolóxico, interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas sobre esta temática.

Como podes participar?

A participación en calquera dos encontros é aberta ata completar aforo, aínda que recomendamos inscribirse para reservar praza, xa que este aforo será limitado.

O formato previsto consta dunha breve charla inicial, onde unha persoa experta exporá un tema concreto e dun posterior tempo, xa máis amplo, para o debate e a conversa aberta entre as persoas asistentes.

No primeiro semestre de 2020, están previstas xa as seguintes datas, un luns ao mes, sempre ás 19h no espazo de conversa da Biblioteca Ágora: Luns 27 de xaneiro, luns 17 de febreiro, luns 16 de marzo, luns 20 de abril e luns 18 de maio.

Podes coñecer os detalles das vindeiras citas na nosa axenda ou subscribirte aquí ao meetup da iniciativa, onde tamén se formalizan as inscricións.

Se queres propoñer unha charla, podes facelo escribindo a ola@distopiascotias.gal

Contacto

Meetup: meetup.com/Distopias-Cotias
Correo electrónico: ola@distopiascotias.gal
Páxina web: distopiascotias.gal (esta ficha que estás xa a visitar)
Twitter: #distopiascotias

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar