Coruña JUG
Comunidade técnica sobre Java, Groovy, Scala, Kotlin e todo o que se execute na JVM
Coruña JVM User Group (ou CoruñaJUG que é máis curto) é unha comunidade técnica nacida en Coruña co propósito de xuntar a profesionais e aficionados dispostos a compartir experiencias, aprender e divertirse coas linguaxes que se executan na JVM (Java, Groovy, Scala, Kotlin, etc.).
Principalmente, as reunións e eventos van dirixidas a programadores, pero non se descartan outro tipo de temáticas, por exemplo de sistemas ou incluso de xestión de proxectos (sempre relacionados coa JVM, iso si).
Como podes participar?
Celebran regularmente un cita técnica, xeralmente o último xoves do mes, que sempre culmina cun momento para socializar, tomando algo e así xerar comunidade.
Podes estar ao tanto do calendario de citas e inscribirte a través do seu Meetup.
Contacto
Correo electrónico: corunajug@corunajug.org
Meetup: meetup.com/CorunaJUG
Twitter: @CorunaJUG