CORUÑA HACKS

Unha serie de hackathons, organizada pola comunidade local, onde desesenvolver proxectos de software libre en equipos, competindo de xeito lúdico por ser o mellor.

Coruña Hacks é unha iniciativa impulsada desde os colectivos GPUL, Coruña Developers e Árticos, estruturada nunha serie de hackathons regulares nos que desenvolver proxectos baseados en tecnoloxía libre.

Trátase dunha proposta aberta a todas as persoas con ganas de experimentar coa tecnoloxía. Os perfís máis habituais en Coruña Hacks son aqueles que teñen que ver co desenvolvemento de proxectos de software, como programadora informática ou profesionais da área de sistemas e devops.  O programa tamén é interesante para persoas relacionadas co hardware libre e o mundo maker e pode ser unha boa experiencia tamén para deseñador*s gráfic*s e persoas que se adiquen á experiecia de usuario ou maquetación con interese no software libre.

Como podes participar?

Se tes unha idea a desenvolver, podes propoñela na web do proxecto, duranten a fase de convocatoria de proxectos.

No primeiro hackathon presentaranse todos os proxectos, escóllense en votación os máis interesantes, fórmanse equipos e comézase a traballar.

Un sábado de cada mes, durante 3 citas, desenvolveranse os proxectos de software libre, competindo por ser o mellor. Ao rematar o último hackathon presentaranse os proxectos e os mellores terán premio. Por suposto, faise unha cea para celebralo 🙂

As primeiras citas de 2019 serán o segundo sábado de marzo, abril e maio.

A gran novidade desta edición de Coruña Hacks é Coruña Minihacks, unha proposta para rapaces de entre 8 e 16 anos que se desenvolverá os mesmos días que a versión adulta, aínda que moitas menos horas por xornada. Nas sesións, as participantes poderán programar historias, aplicacións ou videoxogos, co único requisito de poder levar un ordenador portátil.

Contacto

Correo electrónico: corunahacks@gpul.org
Páxina web: corunahacks.gal
Slack: #CoruñaHacks
Twitter: #corunahacks
Gitlab: gitlab.com/corunahacks/

Proxectos relacionados