Coruña Bloggers

Unha comunidade aberta, colaborativa e en fase beta

O obxectivo desta iniciativa nada en 2016 é funcionar como punto de unión dos blogueiros da Coruña, sexa cal for a temática do seu blog.

As temáticas das charlas que organizan sempre estarán relacionadas co mundo dos blogs e nelas os relatores compartirán o seu coñecemento e experiencias cos asistentes.

Como podes participar?

Se tes un blog, na súa web podes dalo de alta e formar parte do directorio de blogs coruñeses. Tamén podes propoñerte para impartir unha ponencia.

Os encontros de Coruña Bloggers celebraranse os últimos mércores de cada mes no Bergin Afterwork Bar (c/Torreiro 13) a partir das 19.30 horas.

Compóñense dunha conversa cun blogueiro da cidade, outro foráneo de recoñecida traxectoria e para rematar o evento e coñecerse mellor, compartir unhas #CoruñaBloggerBeers 😉

O acceso é gratuíto, aínda que propoñen achegar, polo menos, un quilo de comida que despois se entregaría á Cociña Económica da cidade. Tamén podes seguir a conversa coa etiqueta #CoruñaBloggers.

Contacto

Proxectos relacionados