Centros Cívicos: obradoiros dixitais

Propostas de inclusión dixital para maiores, mocidade e todas aquelas persoas que precisan comprender algúns aspectos da tecnoloxía

A Concellería de Servizos Sociais ofrece, entre as actividades que promove, cursos e obradoiros dirixidos a salvar a fenda dixital entre as persoas que se manexan neste ámbito sen ningún problema e as persoas ás que lles resultan máis complicadas ferramentas como teléfonos intelixentes, tabletas ou ordenadores , así como a Rede en xeral.

Algunhas destas propostas formativas, que se desenvolven nos centros socioculturais da cidade, enmárcanse dentro do programa de envellecemento activo, para maiores de 55 anos, mentres que outras están orientadas á mocidade.

Como podes participar?

O departamento municipal de Servizos Sociais renova e publica regularmente a súa oferta de cursos e obradoiros relacionados co ámbito dixital, que podedes consultar na súa web.

Adoitan precisar dunha inscrición previa na propia web, aínda que en moitos casos pode formalizarse tamén de maneira presencial no centro no que se desenvolverá o curso escollido.

Tamén é posible solicitar información presencial en calquera dos centros cívicos municipais. Podes localizar o máis próximo aquí.

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar