Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Unha ampla oferta dixital, tamén dispoñible para socios e socias das Bibliotecas Municipais

Esta biblioteca, veciña do emblemático Teatro Rosalía de Castro, conta con servizos como EBIBLIODACORUNA, a biblioteca dixital e servizo de autopréstamo dixital da Biblioteca da Deputación da Coruña. Trátase dunha plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas.

Pola súa parte, EBIBLIODACORUNA Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. Trátase polo tanto dun club virtual de lectura dirixido a todos os usuarios lectores das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Ademáis de prestar os contidos, se non dispós dun lector de libros electrónicos podes levar prestado un destes dispositivos durante 15 días, prorrogable por outros 15 días máis.

Regularmente tamén organizan actividades abertas sobre temáticas como alfabetización dixital ou ciberseguridade.

Como podes participar?

EBIBLIODACORUNA está dispoñible para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación. Unha biblioteca dixital gratuita que podes levar contigo nun só clic e sen ter que desprazarte á biblioteca. Está dispoñible aquí e tamén podes tramitar a alta en liña. Este servizo dispón da súa propia app: Odilo App, que se pode instalar unha vez tramitada a alta no préstamo electrónico.

Os contidos actualízanse continuamente, con unha media duns 70 novos contidos mensuais. Os primeiros días de mes as persoas dadas de alta no servizo reciben un correo electrónico coas novidades que entraron ese mes.

Ao EBIBLIODACORUNA Club Lector accédese coas claves da EbiblioDaCoruna, polo que para poder formar parte deste Club de Lectura Virtual é preciso primero solicitar a alta no préstamo electrónico. O club divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán. Ademáis de comentar os libros, compartir citas e chatear entre os participantes, tamén se realizan encontros virtuais en directo con escritores.

Do servizo de préstamo de lector de libros electrónicos podes atopar información aquí. Tamén podes atopar máis información doutros servizos en liña no apartado “Nun click” da súa web.

Contacto

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar