Betabeers Galicia

Encontros de desenvolvedores web e móbil

Unha cita regular, xa con máis de 25 edicións, para programadores, esencialmente web e móbil, que combina charlas técnicas, presentacións de proxectos e un momento final para o networking arredor dunhas cervexas, como o seu propio nome indica.

Betabeers Galicia está organizado por: Juan Diego Pereiro Arean – @jdpereiro / Alberto Basalo – @albertobasalo / Orestes Carracedo – @orestesCA

Como podes participar?

Celébranse habitualmente cada 2 meses no espazo de coworking WeKCo (http://www.wekco.net/).

A inscrición é gratuíta e debe realizarse na súa web.

Podes enviarlles tamén a túa proposta de taller/charla técnica ou presentación de proxecto.

Proxectos relacionados