Asociación Galega de Blockchain e IoT (Norte)

Unha organización aberta a calquera persoa ou entidade interesada nas tecnoloxías da información descentralizada

Son fins principais da asociación:

a) Divulgación da Tecnoloxía Blockchain ou Internet das cousas así como calquera sistema de computación descentralizado a particulares, empresas e institucións.

b) Fomentar a educación e formación no uso dos criptoactivos,contratos intelixentes e en xeral calquera activo relacionado coa descentralización da información.

c) Difundir os avances sobre a descentralización da información.

d) Fomentar espazos de debate e reflexión sobre o uso,avances e futuro da descentralización da información.

e) Fomentar e axudar as iniciativas que teñan como finalidade o uso das tecnoloxías Blockchain ,Internet das cousas ou calquera sistema de computación descentralizado dentro dun marco ético

f) Servir de ponte a empresas, institucións e organismos públicos con estruturas centralizadas a estruturas descentralizadas nos procesos onde a mesma lles aporte calquera vantaxe

Como podes participar?

Celebran regularmente citas técnicas, das que podes estar ao tanto e inscribirte a través do seu Meetup.

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar