Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO)

Asesoría de proxectos da Academia Galega do Audiovisual

A Oficina de Cooperación Audivisual da Academia Galega do Audiovisual é unha rede profesional que ten como principal obxectivo potenciar o sector audiovisual galego, promovendo a cooperación con creadores, produtoras e institucións. Faino a través de distintas actuacións.

Unha delas é Rodar na Coruña, onde podes atopar información sobre

A ACO tamén ofrece unha Consultoría FLX sobre cuestións fiscais, laborais e xurídicas, exclusiva para as persoas que son socias da Academia.

Ademais, ACO pon a disposición de calquera persoa que conte cun proxecto audiovisual, sexa ou non socia da Academia, o servizo Asesoramento PRO: trátase dun servizo gratuíto de asesoramento de proxectos en fase de desenvolvemento ou produción avanzada nas seguintes categorías: cinema, formatos televisivos, narrativas interactivas, transmedia e videoxogos. Para cada tipo de proxecto hai un equipo asesor.

 Tanto a Oficina de Cooperación Audiovisual como a Academia Galega do Audiovisual teñen as súas instalacións no centro Ágora.

Como podes participar?

Rodar na Coruña é un espazo con información aberta a todas as persoas que precisan localizacións na cidade para o seu proxecto audiovisual. Tamén para asesorar e axilizar calquera tipo de trámite e permiso.


Por outra parte, se tes na cabeza un posible proxecto ou se xa estás mans á obra con el, o servizo de Asesoramento Pro permitirache recibir un informe de valoración por parte dun comité asesor de expert*s.

Para o 2019, a ACO abre o prazo de recepción de proxectos que desexen asesoramento, dende o 1 de febreiro ata o 31 de maio. En xeral, estes son os requisitos para presentar as propostas, sempre dentro dos prazos que publica a Academia.

Debes rexistrarte na súa páxina e crear un perfil de usuario (aquí). As persoas que forman parte do comité asesor dispoñen de trinta días para valorar, de forma anónima, cada proxecto recibido.

Contacto

Correo electrónico: info@aco.gal
Páxina web: www.aco.gal
Twitter: twitter.com/AcademiaGalegaA
Facebook: facebook.com/AcademiaGalegaA

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar