Xornadas mulleres e innovación nas artes intermedia: obradoiro de creación dixital con María Castellanos

A área de Cultura da Deputación da Coruña organiza estas xornadas adicadas  a Mulleres e Innovación nas Artes Intermedia. A segunda proposta destas xornadas consiste nun obradoiro de creación dixital impartido por María Castellanos, artista e investigadora da Universidade de Vigo.

No taller abordarase a experimentación audiovisual con interfaces brandas. Os participantes crearán a súa propia interface sensible, con sensores e moldes de creación dixital, para interaccións sonoras e visuais.

A actividade é gratuíta pero precisa de inscrición previa que podedes formalizar desde aquí, onde tamén podedes ampliar esta información.

Detalles

Data

O día 09/04/2019 15:00-19:00

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Teatro Colón

Avenida da Marina, 7A
15001 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar