Vídeo Mapping. Sesión #1

A combinación de arte e tecnoloxía que supón o vídeo mapping constitúe un espectáculo fascinante cando, de cando en vez, podemos velo aplicado sobre espazos abertos ou sobre edificios monumentais. A luz, o son, a imaxe, as animacións en 2D e 3D proxectadas sobre distintas superficies provocan efectos sorprendentes.

Pero, máis alá disto que coñecemos, hai moitas máis tipoloxías e todo un mundo de aplicacións técnicas e creativas do vídeo mapping. De todas estas posibilidades e das que están por vir no futuro, falaremos o vindeiro sábado 19 de xaneiro (centro Ágora, 10h) con Pablo Ferrer, especialista neste eido e responsable de mapping.tv. Con el introducirémonos na temática, pero sobre todo achegarémonos a unha panorámica de proxectos seus e doutros artistas para exemplificar todo o que se pode facer neste ámbito, ademais de contar cunha pequena demostración ao vivo.

Esta charla serviranos tamén para avanzar as claves do GRUPO DE VÍDEO MAPPING, un máis dos que forman parte de #LAIC 2019, e que en breve comezará as súas actividades. Pablo Ferrer, que será o seu coordinador, explicaranos como se desenvolverá o programa do grupo e, ademais, coñeceremos como e cando inscribirnos nel.

 

ATENCIÓN: O grupo completou as súas prazas, polo que a túa inscrición entraría na lista de agarda. Animámoste a que a complementes igualmente (a través do formulario ao que podes acceder desde aquí) , xa que poden existir baixas e nese caso aínda poderías participar (asignaranse por orde cronolóxica de inscrición). Ademais, así tamén poderemos informarte de vindeiras actividades sobre a temática. 😉

 

Detalles

Data

O día 19/01/2019 10h-13h

Contacto

http://corunadixital.gal/iniciativa/laic/ laic@corunadixital.gal

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora