Última edición de Coruña Hacks antes do verán

O vindeiro 2 de xuño Coruña Hacks celebra unha nova xornada, a última antes do verán, como vén sendo habitual no centro Ágora (10h-20h). É o cuarto dos hackatóns desenvolvidos por GPULÁrticos, GDG Coruña e Coruña Developers dende o pasado mes de marzo, co código aberto como ferramenta fundamental para acadar un obxectivo: desenvolver proxectos de aplicacións, algunhas delas encamiñadas a resolver cuestións previamente suxeridas polos usuarios.

Concello do Coruña vén colaborando con esta actividade a través do programa Coruña Dixital, co apoio tamén do Laboratorio Cidadán Co-Lab da área de Participación e Innovación Democrática

Tedes máis información do que ten sido Coruña Hacks na web da iniciativa, así como un meetup para seguir os eventos e un slack para os que queirades formar parte da comunidade.

Detalles

Data

Dende o 02/06/2018 ata o 02/06/2018 10h-20h

Contacto

https://corunahacks.gpul.org/

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora