Supercine: taller de cinema crowd

O cinema financiado por crowdfunding é unha das ferramentas máis poderosas de cantas teñen xurdido para crear e producir de xeito independente. Proba disto é a longamentraxe documental Santa Fiesta, que recibiu máis de 500 doazóns procedentes de 30 países do mundo. Grazas a esta campaña, o cineasta Miguel Ángel Rolland puido rematar a súa produción sen subvencións nin presións de ningún tipo, e o que é máis importante: cunha comunidade activa de espectadores que multiplicaría o impacto do proxecto.

Facer cine de forma libre é esencial para mostrares o teu verdadeiro potencial e a forza das túas ideas. Sexa cal sexa a túa historia e o xénero escollido para contala (ficción, experimental, documental, animación) podes contar coa túa audiencia para facela realidade, desde a súa concepción ata a súa explotación comercial. Mais é necesario aprender a manexar unha man de ferramentas que pasan pola comunicación, a estratexia, as comunidades online e o contacto humano. Para isto, compartindo a súa experiencia e aprendizaxe, Miguel Ángel Rolland creou un taller chamado Supercine.

En Supercine compartiremos ideas e ferramentas para os teus proxectos de cine microfinanciado ou calquera iniciativa cultural que fagas en colaboración coas túas audiencias. Nesta sesión poderemos sentar as bases de como facer un plan de crowdfunding e ademais construír unha comunidade conectada e forte coa que facer crecer o teu filme en todas as súas fases. Adentrarémonos no espíritu da economía colaborativa, do movemento crowd, das comunidades online e das novas audiencias.

  • Como facer cine sen subvencións nin televisións
  • Como sacar adiante o teu proxecto de documental ou ficción sen venderes a túa alma
  • Como crear unha campaña de financiamento a través do crowdfunding que creza en todas as fases do proxecto
  • Como facer crecer a túa película socialmente desde a idea ata a súa exhibición
  • Como planificar a túa narrativa en todas as plataformas e linguaxes posibles
  • Como, cando, canto e a quen contarlle todo o que lle pasa ao teu filme
  • Como elixir as túas canles de comunicación e os contidos apropiados
  • Como facer máis forte a túa película traballando coa túa audiencia presente e futura
  • Como facer cine auténtico e emocional

 

Dirixido a cineastas e produtores audiovisuais con proxecto de longametraxe, curtametraxe, webserie, etc. Haberá tempo para comentar cada proxecto na aula e aprender en común dos consellos de Miguel Ángel Rolland para cada caso particular.

A inscrición é gratuíta e hai un límite de 12 prazas, polo que as persoas participantes serán seleccionadas cos seguintes criterios: orde de inscrición, que teñan un proxecto en marcha e que estean motivadas para comprometerse a participar activamente no taller.

Reserva a túa praza antes do 16 de outubro.

Detalles

Data

O día 21/10/2017 10.30 a 20:00

Información adicional

Obradoiro práctico dirixido a cineastas. 12 prazas

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Cívico Cidade Vella

Rúa Veeduría, 2
15001 A Coruña

http://bit.ly/2bS2P5b

Empece a escribir e pulse Enter para buscar